Xeovisores
Xeomirador de A Pómez
Situado no concello de Ribas de Sil, permítenos apreciar a fosa tectónica de Quiroga ocupada por San Clodio, Quiroga e A Hermida.
Ver en Google Maps: prema aquí
Coordenadas: 42.443606, -7.297522
Xeomiradoiro do Alto da Moá
A pouca distancia do anterior (Geomirador de A Pómez) atopamos este segundo xeomirador. A súa localización enfróntanos co Sinclinal Sil. Un proceso que ocorreu hai entre 324 e 305 millóns de anos.
Ver en Google Maps: prema aquí
Coordenadas: 42.429194, -7.319180
Xeomiradoiro de Louxoá
Atópase na estrada que leva de Torbeo á aldea da Cubela. Magnífico lugar para gozar da vista do meandro da Cubela e coñecer máis sobre os procesos que levaron á súa formación.
Ver en Google Maps: prema aquí
Coordenadas: 42.439090, -7.390844
Xeomiradoiro de Pena do Ladeiro
Preto do curso do río Sil, dende este punto podemos apreciar o efecto do caudal da auga sobre o terreo, modelando a paisaxe e orixinando, en conxunto con outros fenómenos naturais, ao orografía actual.
Ver en Google Maps: prema aquí
Coordenadas: 42.453172, -7.340161