top of page

Museo Etnográfico

Os contidos do MEQ están relacionados, por unha banda, con catro produtos típicos do Xeoparque: viño, castañas, mel e aceite; por outro, con catro materiais esenciais para o desenvolvemento da vida no medio: pedra, ferro, madeira e tecidos. Tamén teñen o seu espazo, o campo e o gando, a sala principal de

a casa (el lar), e a entrañable escola unitaria das nosas aldeas. Todas as pezas da extensa colección, recuperada dende o ano 2007, proceden do Xeoparque das Montañas do Courel, en moitos casos grazas ás doazóns veciñais.

Museo Etnográfico de Quiroga (1).jpg
Museo Etnográfico de Quiroga4_peq.jpg

Actualmente a colección etnográfica do noso Museo, formada por algo máis de 1000 pezas, é unha das coleccións etnográficas máis completas e interesantes de Galicia.

Todos os contidos presentes nesta colección atopan a súa síntese na recreación dunha vila tradicional destas montañas coa exposición das maquetas que foron decoradas para a película de animación galega O Apóstolo, de “Artefacto Producciones”; onde a pedra, a madeira, o ferro, etc., atopan o seu lugar para facilitar a vida da xente desta terra dura pero agradecida.

Como chegar?

As instalacións do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga están situadas na planta baixa do Auditorio Municipal, na Rúa Real s/n. Cos seus case 600 metros cadrados, abriu as súas portas o 24 de marzo de 2007, coa misión de recuperar, aglutinar e  protexer o patrimonio cultural en todas as súas facetas. A instalación está adaptada para persoas con discapacidade.

Información:     982428001 ou 982435125 (Casa da Cultura).

bottom of page