top of page

Territorio

Os límites do xeoparque fixéronse en función do territorio que xa colabora no xeoturismo dende hai varias décadas e que está adscrito administrativamente á comarca de Quiroga e integrado por tres concellos: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

A poboación residente é escasa e dispersa (5.406 habitantes; INE 2016) para un territorio de 577,85 km² de superficie.

Puertas_Afuera_Territorio.jpg

Concellos

Folgoso do Courel

Situado na zona norte do xeoparque e con 193 km cadrados, podemos atopar no seu territorio o 40% das especies vexetais superiores de Galicia. 

O concello está dividido en nove parroquias:

  • Vilamor 

  • Folgoso

  • Seceda 

  • Seoane

  • Esperante 

  • Hórreos 

  • Visuña 

  • Meiraos

  • Noceda

PAf_Folgoso.png
  • Outeiro

  • Pacios da Seara

  • Paradaseca

  • Quintá de Lor

  • Quiroga

  • Seara, A.

  • Sequeiros

  • Vilanuíde

  • Vilar de Lor

  • Vilarmel

  • Vilaster

PAf_Quiroga.png
  • Augas Mestas

  • Bendilló

  • Bendollo

  • Bustelo de Fisteus

  • Cereixido

  • Enciñeira, A.

  • Ermida, A.

  • Fisteus

  • Hospital, OR

  • Montefurado

  • Nocedo

Quiroga

Ocupa a parte central do xeoparque cos seus 317,46 km cadrados. Contén o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós, un dos poucos que se poden ver a simple vista e declarado Monumento Natural no ano 2012. 

O concello está dividido en 22 parroquias :​

PAf_Ribas.png
Ribas de Sil

Representa o límite sur do xeoparque. O meandro da Cubela e os seus arredores ou o impresionante túnel de Montefurado fálannos da xeoloxía, da ocupación romana e da presenza do ouro.

Os seus 67,78 km cadrados agrupan sete parroquias:

  • Nogueira​

  • Peites​

  • Piñeira​

  • Rairos​

  • Ribas de Sil 

  • Soutordei​

  • Torbeo

Onde estamos?

PAf_Xeoparque.png

O Xeoparque Mundial UNESCO das Montañas do Courel está situado na provincia de Lugo (Galicia), entre as coordenadas xeográficas 42.715º N, 42.32º N e 7.023º O, 7.42º O.

PAf_Galicia_Espana.png

A túa viaxe

Hai dúas principais vías de entrada a Galicia. Dende o norte chegaremos dende Pedrafita do Cebreiro, atravesando o concello de Folgoso do Courel, e polo sur, dirixíndonos a Quiroga ou Ribas de Sil, dende onde podemos dirixirnos facilmente aos outros dous concellos._cc781905-5cde-3194- bb3b -136bad5cf58d_

  • Santiago de Compostela: collemos a AP-53 pasando por Lalín e Monforte de Lemos.

  • Ourense: seguimos a N-120 que leva a Ponferrada pasando por Monforte de Lemos.

  • Vigo: iremos pola A-55 ata Porriño, onde enlazamos coa A-52 que nos leva a Ourense.

  • Pontevedra: pasamos pola AP-9 ata Vigo e dende alí seguimos os pasos indicados para esta cidade.

  • Lugo: accedemos pola N-VI e seguimos ata Nadela. Alí incorporámonos á CG-2.2 dirección Bóveda onde tomamos a saída que nos leva á LU-652 e que, pouco despois do desvío á Poba do Brollón, enlaza coa N-120 que non abandonaremos ata chegar ao noso destino. .

  • A Coruña: dende a A-6 chegamos a Nadela, onde seguimos as indicacións dadas para Lugo.

  • Verín: saímos pola N-525 ata A Rúa onde tomamos a N-120 dirección Quiroga.

Se ven de fóra de Galicia, os referentes son Lugo, Pedrafita do Cebreiro e Ponferrada.

bottom of page